As paisaxes de Galicia
Galicia divídese en 12 grandes áreas e 50 comarcas paisaxísticas.
O Catálogo das Paisaxes de Galicia da unha resposta específica as DOT (Directrices de Ordenación Territorial) e establece:
“preservar as diferentes tipoloxías de paisaxes, pois trátase dun recurso patrimonial e natural incuestionable que participa do interese xeral nos aspectos ecolóxicos, culturais, económicos e sociais da nosa Comunidade”.
¿Que é a paisaxe?
O termo paisaxe ten diferentes acepcións, usos e rexistros. O seu significado depende do contexto espacial, social e temporal.
Pode considerarse que a acepción científica de paisaxe como “o carácter dunha área” ; definición breve e concisa.
Descubrindo un pouco máis sobre as grandes áreas paisaxísticas da comarca do Sar!
Área paisaxística Rias Baixas
Bens de interese cultural, patrimonio arqueolóxico
Rías Baixas posúe un importante número de Bens de Interese Cultural que contan coa categoría de Zona Arqueolóxica. De entre todos eles cómpre salientar a área de gravados rupestres de Paredes Praderrei en Campo Lameiro , así como o castro de Baroña en Porto do Son e os castros de Neixón en Boiro.
En canto aos museos desta área, un dos máis sobranceiros museos galegos e o Museo Provincial de Pontevedra. O Museo de Pontevedra naceu o 30 de decembro de 1927 por iniciativa da Deputación Provincial e abriu as súas portas ao público o 10 de agosto de 1929. Dende aquela foi ampliando considerablemente as súas coleccións e os edificios que as acollen ata chegar aos seis actuais.
En relación ás festas, os principais referentes son a Romaría Viquinga de Catoira e a Festa da Arribada da Carabela Pinta (Baiona), declaradas Festa de Interese Turístico Internacional.
Sabías que...
O Camiño Portugués entra en Rías Baixas procedente de Costa Sur-Baixo Miño a través do municipio de Redondela, para continuar a través de Soutomaior, onde destaca o castelo de Soutomaior declarado Monumento en virtude da declaración xenérica recollida no Decreto do 22 de abril de 1949, Pontevedra e Vilaboa cara a Barro, Portas, Caldas de Reis, Valga, Pontecesures, Dodro (onde pasa ao pé da Torre de Lestrobe, declarada Monumento segundo o establecido no devandito Decreto do 22 de abril de 1949) e Padrón, municipio a través do que accede á Galicia Central.
Área paisaxística Galicia Central
Valores culturais e Patrimoniais
A Galicia Central atesoura un importante patrimonio histórico e cultural,
como acreditan a declaración de Patrimonio Mundial concedida pola UNESCO á Cidade Vella de Santiago de Compostela (1985) e ás Rutas de Santiago de Compostela: Camiño Francés e Rutas do Norte de España
(1993,2015).
A cidade de Santiago de Compostela está declarada Monumento Histórico-Artístico por Decreto de 9 de marzo de 1940, tendo sido ampliada a declaración de zonas monumentais en virtude da Orde do 30 de abril de 1976, e está considerada como un exemplo a nivel internacional
de preservación do seu patrimonio e da súa paisaxe.
En canto aos museos desta área, destaca o caso da cidade de Santiago de
Compostela, que acolle un vasto panorama museístico.
O Museo do Pobo Galego está situado no edificio do antigo convento de
San Domingos de Bonaval (s. XVII-XVIII), coas primeiras salas abertas ao público no ano 1977. Dende entón rehabilitou todo o recinto conventual e incrementou os seus fondos, algo que lle permitiu ampliar os seus espazos expositivos e mostrar as diversas manifestacións da cultura galega.
En relación ás festas, celébrase nesta área a festividade de Galicia por excelencia, a do Apóstolo Santiago (Santiago de Compostela), pero tamén a Rapa das Bestas de Sabucedo (A Estrada), ambas declaradas Festa de Interese Turístico Internacional.
Dodro
Situado xunto o curso baixo e desembocadura do río Ulla. Dende a súa fronteira con Padrón aparece a Veiga das Brañas, ecosistema fluvial formado pola confluencia dos ríos Sar e Ulla ata as Brañas de Laíño, importante humedal de marea.
Padrón
Capital da Comarca do Sar. Situada no val entre os ríos Sar e Ulla, Padrón e terra de historia, cultura e tradición. Porta natural da Ría de Arousa.
Rois
Con un entorno natural privilexiado, excelentes paisaxes naturais para recorres polas distintas rutas de sendeirismo e un rico patrimonio arqueolóxico.